Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (II)
A nossa terra, o nosso altar (2020), de André Guiomar Continuando coa nosa crónica da Sección Internacional do Porto/Post/Doc 2020 (podes ler aquí a primeira parte) chegamos ao cineasta André Guiomar, premiado como director emerxente co seu filme A nossa terra, o nosso altar (2020). Unha obra que, sendo propiamente documental, recolle dende unha óptica social os últimos alentos do barrio social do Aleixo, no Porto. Un ollar ao proceso de xentrificación e mobilización... Ler máis
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I)
Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis
14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU
Fotografía: Denís Estévez Esta edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego, ten unha vez máis unha grella digna de aplauso na Sección Oficial ao traernos máis películas – este ano son 16 as seleccionadas – e, como non, máis ganas de espertar conciencia. Se algo é necesario nestes tempos de adormecemento é axitar mentes; desde logo, o cine ten unha forte vocación para iso e dáme a impresión de que... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (1/2)
Asistir por quinta vez consecutiva a un festival implica coñecer de antemán os mecanismos do mesmo. Xa non resulta ningún secreto que o único certame nacional de Categoría A, en cuxa programación se dan cita tantos acertos coma sensabores, acomodouse nunha liña que lle permite repetir cada mes de setembro unha tónica coñecida de sobra polos seus asiduos: algunha das mellores películas do ano rebotadas doutros festivais –principalmente Cannes-, os descubrimentos puntuais... Ler máis
SAN SEBASTIÁN 2016 (II): FERMOSA XUVENTUDE
Boa parte das divisións que xurdiron no recente Festival de San Sebastián contaron coa xuventude como pilar dos seus debates. A presencia no certame dun Xurado Xoven numeroso e heteroxéneo, cuxas puntuacións delatan unha ausencia xeral de aprecio cara o cine arriscado ou con certo carácter de búsqueda -títulos variopintos como La idea de un lago, Summer Lights ou La larga noche de Francisco Sanctis apenas sobrepasaron o seu aprobado- en beneficio dunha serie de filmes... Ler máis