EN BRANCO E NEGRO
Unha das vantaxes de traballares como programador é que che dá unha perspectiva sobre o presente cinematográfico distinta (e complementaria) á que terías como público ou crítico, posto que te empurra a deixar de centrarte na película como unidade de estudo para ollar o conxunto, observar as tendencias que subxacen na carteleira e así tratar de confeccionar ciclos a partir delas. Dese xeito, ao buscar nexos de unión potenciais entre as estreas máis interesantes da... Ler máis
Unha ollada marica sobre Far from Heaven
1. Cando a crítica se refire a Far from Heaven (Todd Haynes, 2002), os comentarios adoitan versar sobre a súa posta en escena militantemente postmoderna, que mimetiza e recontextualiza (con ou sen ironía, habería que discutilo) o estilo visual dos melodramas dos anos cincuenta, particularmente os de Douglas Sirk. É certo que Todd Haynes posúe un verdadeiro talento xogando aos pastiches: rabiosas paletas cromáticas imitando o technicolor, técnicas e movementos de cámara... Ler máis
GUY MADDIN: MÍMESE E AUTOFICCIÓN
Un ollo ben aberto mira fixamente ao espectador: é o ollo fendido de Un chien andalou (Luis Buñuel, 1929), o ollo da cámara en Человек с киноаппаратом (Dziga Vertov, 1929), o ollo morto que abría Vertigo (Alfred Hitchcock, 1958) ou o ollo conxelado -e a punto tamén de morrer- que pechaba Vai~E~Vem (João César Monteiro, 2003). Se hai unha imaxe que se repite regularmente ao longo do cinema moderno, sen dúbida é esta: a ollada agredida, exaltada, hiperconsciente,... Ler máis
CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS
Os préstamos, alusións, citas, plaxios ou chiscaledas hiperconscientes a outras imaxes son xa unha constante do audiovisual contemporáneo, sexa este postmoderno ou hipermoderno (deixémoslle esa leria a xente como Fredric Jameson e Gilles Lipovetsky). Pode ocorrer en calquera intre, na intimidade da sala de cinema ou do salón doméstico, mergullados nun filme ou vendo de esguello un anuncio publicitario: unha imaxe, esa imaxe, estoupa na nosa memoria e de súpeto a recoñecemos.... Ler máis
O PASADO: O ETERNO RETORNO DO MESMO
Reescrituras e apropiacións A cuestión das filiacións no cinema contemporáneo aparece como un problema fundamental, centro de tódolos debates. Moitos cineastas procuran os seus modelos de referencia en figuras do pasado tentando reactualizalas ou reescribíndoas: Olivier Assayas tentábao co serial Les Vampires (Louis Feuillade, 1915) en Irma Vep (Olivier Assayas, 1996), o xaponés Nobuhiro Suwa facía o propio con Hiroshima mon amour (Alain Resnais, 1959) en H Story (Nobuhiro... Ler máis
A MELANCOLÍA DO SILENCIO E A IMPOSÍBEL RENUNCIA POSTMODERNA Á VOZ
Na ansia de ver nacer novas imaxes da vella factura fermosa do cinema silente, acudía impenitentemente ás salas. Agora a La Antena (Esteban Sapir, 2007), logo a The Artist (Michel Hazanavicius, 2011), aínda sen convencerme da imposibilidade, sentábame a ver Blancanieves (Pablo Berger, 2012), e mesmo despois Tabu (Miguel Gomes, 2012). E filme tras filme saía sen atopar nin a densidade nin a solidez rexa daqueloutras imaxes. E pensaba, como considerar que a (retro)técnica... Ler máis
SPRING BREAKERS, de Harmony Korine
Pistolas en mans espidas de inofensivas adolescentes que andan somentes á procura de diversión. As cores queiman a imaxe e os primeiros planos funden corpos coma se a hipernarrativa non entendese de tempo nin personaxes, coma se o eu e o agora fosen o único abarcábel pola cámara. E, de fondo, Britney Spears. Britney Spears – Everytime (Devils Dubstep Remix ) by D.E.V.I.L.S. Kuleshov e a posmodernidade para unha montaxe disruptiva entendida como paradigma contemporáneo... Ler máis
ANNA KARENINA, de Joe Wright
A admirábel novela de Lev Tolstói non tivo demasiada sorte no cinema: ocorreulle case o mesmo que a Madame Bovary de Gustave Flaubert (1856). Estas dúas obras mestras do século de ouro da novela, o XIX, teñen dous claros puntos de contacto: o adulterio e a descrición dunha sociedade que se estende a un país enteiro (Francia a través da burguesía provinciana, e Rusia no contexto da aristocracia lareta e mixiricas que Tolstoi coñecía -e detestaba- perfectamente, xa que... Ler máis