ALÉN DO FOTOGRAMA (III)
Bill Brand xunto a Ángel Rueda na (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Vén de aquí) Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. A serie de Cartoons está chea de “enigmas e bromas sobre os conceptos do cinema experimental”, nas súas palabras. En Before the Fact [1974] Saul Levine e unha muller repiten unha frase gravada falada por Levine unha e outra vez até que perde o significado. Unhas voces fóra de campo dan instrucións. De quen... Ler máis
ALÉN DO FOTOGRAMA (II)
Bill Brand xunto con Elena Duque no (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Viene de aquí) Puedes leer el texto en su versión original aquí. Tamén ten feito instalacións. As instalacións foron parte da miña práctica desde moi cedo. En 1971 fixen unha peza chamada Pong Ping Pong na que construín unha máquina demente que fai rotar un espello e proxecta unha imaxe 360º arredor dunha serie de pantallas en círculo formando unha especie de crómlech.... Ler máis
ALÉN DO FOTOGRAMA (I)
Fotografía: María Meseguer Podes ler a entrevista na súa versión orixinal aquí As películas de Bill Brand oscilan entre a abstracción e a figuración e son un tratado sobre a política da visión e sobre como o público se enfronta á lectura das imaxes. As súas primeiras obras analíticas (estruturais) como Moment (1972), Demolition of a Wall (1973) ou Touch Tone Phone Film (1973) interpretaban o fotograma como a unidade temporal máis breve (como “momento”). Pero... Ler máis
ABERTA A INSCRICIÓN PARA O SEMINARIO DE CRÍTICA E PROGRAMACIÓN ONLINE
O cinema experimental apostou sempre polo cinema no seu formato orixinal, sendo o feito cinematográfico da proxección en formato filme un dos eixos centrais. Porén, o experimental non está enfrontado coa evolución tecnolóxica. O II Seminario de Crítica quere facer fincapé este ano no mundo online como un espazo onde o cinema experimental debe seguir a súa expansión en busca de novos públicos: ben desde a crítica cinematográfica, ben desde a programación de filmes. A... Ler máis
Procesos #26 – Filmoteca Española
De preguntar a calquera cinéfilo con que sede identifica a Filmoteca Española, pódese supor que ao instante mencionará o madrileño Cine Doré, a céntrica e emblemática sede que desde 1989 acolle as súas proxeccións. Pero é moito menos sabido que gran parte do meticuloso traballo exhibido nas súas dúas salas ten orixe varios quilómetros ao oeste da capital, xa no termo municipal de Pozuelo de Alarcón. Alí, as modernas instalacións do Centro de Conservación... Ler máis
Procesos #25 – CGAI
Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis
DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS
O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis
RARA AVIS
Eva Rivera Soler é a Directora do Festival Dock of the Bay de Cinema Documental Musical de Donostia- San Sebastián Ano tras ano, nestas datas, a catro meses do inicio de Dock of the Bay, xusto antes do comezo dun remuíño que durará até o último día do festival, a mesma pregunta regresa á miña cabeza: Por que o facemos? Que estraña forza me impulsa a dirixir un festival de cinema documental musical en Donostia? Se cadra é a falta de recursos da que sempre partimos... Ler máis
CONSIDERACIÓNS DO PROGRAMADOR DUN CINECLUBE SOBRE O EXERCICIO DO SEU LABOR
Unha das conclusións que se poden tirar lendo os artigos do monográfico deste mes n’A Cuarta Parede é que a pesar de ter obxectivos comúns, cada cineclube é un pouco do seu pai e súa nai. Aínda que unha visión panorámica deste sector aporta unha idea xeral do conxunto, apetecíame contribuír a esta antoloxía con varias notas específicas dun caso de estudio concreto. Pode haber certas verdades universais nas observacións que compartirei a continuación, pero... Ler máis
CINECLUBE DE COMPOSTELA: POLÍTICA DA RESISTENCIA
Esta organización, activa desde o 2001, non é tan só unha sala de cine cunha programación semanal, senón que atopamos que a súa actividade esténdese alén da súa sede no Pichel compostelán. Por iso, transformamos a Política dos Autores dos Cahiers na Política da Resistencia, onde non é a individualización do creador o que conta senón a defensa do colectivo, para definir as características que fan ao Cineclube de Compostela un dos referentes da acción política... Ler máis