ATRAVESADAS POLO CINEMA
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis
SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS
Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis
CANNES 2018 EP. 3: E AO TERCEIRO DÍA RESUCITOU… GODARD
E ao terceiro día resucitou. A sección oficial estaba morta e chegou Jean-Luc Godard para facernos crer. Había moita expectación con Le livre d’image (2018) por saber se se parecería máis a Histoire(s) du cinéma(s) (1988) ou á senda emprendida dende Film socialisme (2010), polo que se intuía que ía ter de crítica ao declive de Occidente visto dende o cinema, cunha edición de imaxes que nos fan reflexionar sobre a súa memoria como espello da historia do século... Ler máis
A VINGANÇA DE UMA MULLER, de Rita Azevedo Gomes
A película abre, lentamente, cos títulos de crédito sobre un vermello telón. Como a modo de advertencia, a directora presentanos o que será a tónica do filme: unha posta en escena absolutamente teatral que consegue fuxir das habituais grallas do chamado “teatro filmado”. E é que non estamos ante unha mera adaptación teatral, xa que A vingança de uma muller consegue exprimir ata a perfección os recursos do cinema para crear unha obra a cabalo entre o texto escrito,... Ler máis
JEUNE ET JOLIE, de François Ozon
Resulta difícil superar con Jeune et Jolie a densa e brillante obra Dans la maison (2012), filme que lle outorga a François Ozon a Cuncha de Ouro en San Sebastián. O xogo entre realidade e ficción, drama e comedia, fan desta película unha obra mestra na que a través da relación dun profesor de literatura (Fabrice Luchini) co seu alumno (Ernst Umhauer) plásmase dun xeito apaixonante o feito mesmo de crear. Tras este guión hipnótico, turbulento e xenial, Ozon deixa as... Ler máis