THE SISTERS BROTHERS, de Jacques Audiard

A utopía e o xesto Se algo caracteriza á carreira de Jacques Audiard é a súa marcada coherencia. Unha coherencia tanto a nivel interno (o francés sempre mantivo constantes na súa escritura, realizada no seu maior parte xunto a Thomas Bidegain) como con, polo menos no caso de The Sisters Brothers (2018), a súa última película, un certo western contemporáneo. Un filme interesante na construción desa dobre cohesión, e que ao mesmo tempo presenta certas peculiaridades... Ler máis

PETER TSCHERKASSKY: MESTRE DA METRAXE ATOPADA

Primeiro había escuridade e xurdiu a luz. Con estes dous elementos, Peter Kubelka lograba conectarnos coas nosas orixes primixenias nun filme tan primario como Arnulf Rainer (1960), obra mestra de todo un movemento de artistas de vangarda austriacos – a primeira xeración – que deixarían fondas pegadas no cinema do seu país, hoxe en día á cabeza deste tipo de películas. Se cadra en contestación a isto, a segunda xeración do accionismo vienés, influídos por... Ler máis