FALAR SOBRE ‘FÓRA’ PARA FALAR SOBRE CONXO

Mónica Gorenberg é unha psicóloga e psicanalista arxentino-aragonesa á que lle preguntamos hai unhas semanas a súa opinión sobre Fóra (Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, 2012). A idea non é que ela, que é moi cinéfila, nos escriba unha crítica cinematográfica do filme, senón máis ben que faga unha lectura, a súa lectura, dende o punto de vista da psiquiatría. Cando rematei de ver Fóra lembrei unha expresión dos anos setenta, ‘a piece of conversation‘,... Ler máis

“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”

Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos: a súa fundación, en 1885, o conflito sindical desenvolvido nos anos da II República e, especialmente,... Ler máis