PUNTO DE VISTA 2019: DOS UNS PARA OS OUTROS

1. “Aposto pola arte que facemos, os uns para os outros, como amigos”. A cita do lembrado Jonas Mekas coa que Garbiñe Ortega, directora artística de Punto de Vista, abría o programa do festival pamplonés no seu segundo ano á fronte do mesmo, non puido erixirse como un acompañamento máis oportuno para a súa décimo terceira edición, toda unha declaración de intencións por enriba do necesario entrecomillado ao mestre. Porque esta cita non só se sumou ás numerosas... Ler máis

QUIÉN LO IMPIDE, de Jonás Trueba

Desde o comezo da súa carreira como director e guionista, Jonás Trueba dialogou de forma decidida co universo adolescente. Do texto da iniciática Más pena que Gloria (Víctor García León, 2001), centrada na primeira decepción amorosa dun mozo de 16 anos; á recente La reconquista (2016), a súa película máis notable ata a data, que trasladaba a historia de amor na trintena da súa primeira metade cara a unha significativa orixe de instituto, o director madrileño mostrou... Ler máis