DE GRANDS ÉVÉNEMENTS ET DES GENS ORDINARIES (1979), de Raúl Ruiz

TÓDOLOS BARRIOS, TÓDOLOS FILMES, TÓDOLOS TEMAS “Veremos que o documental, como un espello, está conectado con todos os documentais, trata de todos os temas”, afírmase nun determinado momento da película, evocando inmediatamente ao Aleph ou a outras figuras literarias. Tiven a oportunidade de ver De grands événements et de gens ordinaires (1979) nun ciclo programado pola Filmoteca Española, no cinema Doré de Madrid. Ciclo que, por outra banda, estaba programado... Ler máis

MISTÉRIOS DE LISBOA, de Raúl Ruiz

MISTÉRIOS DE RUIZ, MILAGRES DE LISBOA As misteriosas vidas de Pedro da Silva, Alberto de Magalhães ou do Padre Dinis revélanse en espiral, como un remuíño, ofrecendo máis preguntas que respostas e convertendo explicacións en digresións. Semellante dinámica fai de Mistérios de Lisboa (2011) un filme en fuga permanente onde os personaxes que semellan secundarios aparecen de súpeto como protagonistas da súa propia historia, nun movemento perpetuo, vital, que tende antes... Ler máis