SOBRE O PASO DE ABBAS KIAROSTAMI POR BARCELONA

Case unha década despois da visita de Abbas Kiarostami a Barcelona con motivo da exposición ‘Erice – Kiarostami. Correspondencias’, o cineasta iraniano regresa á cidade aos seus setenta e catro anos para impartir un curso, inaugurar unha retrospectiva e pronunciar varias conferencias. Despois de arrincar en Bogotá, e con pretensión de estenderse a diferentes cidades do mundo, ‘Filmando en Barcelona con Abbas Kiarostami’ é un obradoiro práctico... Ler máis

Bill Douglas: Filmar sobre a memoria

Entre 1972 e 1978 o cineasta escocés Bill Douglas asina unha triloxía sobre a infancia composta por tres filmes de importante carga autobiográfica que se moven nos lindes da imaxinación, a memoria e o realismo. My Chilhood (1972), My Ain Folk (1973) e My Way Home (1978) compoñen unha obra de extraordinario rigor formal que, a través de pequenas escenas do cotiá de Jamie, alter-ego do propio Douglas, nos achega á primeira etapa vital do cineasta, desenvolvida na máis... Ler máis