FICX 2014 (I/III): SECCIÓNS ROUBADAS
A 52ª edición do Festival Internacional de Cinema de Xixón deunos a oportunidade de gozar durante nove días intensos, do 21 ao 29 de novembro, de bo cinema, presentacións emocionantes, sidra natural e moi boa mesa. Para min foi a primeira vez na cidade e a primeira vez no FICX, así que sorprendido e resaltado pola cantidade de salas, seccións e actividades paralelas. Por forza houbo que elixir, descartar algunhas seccións para decantarse por outras, e con sorte, entre... Ler máis
PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?
É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis
SEFF 2012: SOÑO E VIXILIA
Dicía o outro día Wenders na gala dos premios EFA que o cinema é a solución á crise. Pois ben, a última edición do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla, comandada por José Luis Cienfuegos –quen fora durante 16 anos director do Festival de Xixón ata o torpe poutada da agrupación política de Álvarez Cascos a principios de 2012– serviu para tomarlle o pulso á produción europea do ano, creando un mosaico de obras que reflicten o sentir actual fronte... Ler máis
CESARE DEVE MORIRE, de Paolo e Vittorio Taviani
A FORMA DEVORADA POLA FÓRMULA Os presos da cadea de Rebibbia son tan bos actores que ben merecen este filme. Un deles, Salvatore Striano, o intérprete de Bruto nesta versión carcelaria de Xulio César, láiase nunha escena dos seus atrancos cun parlamento: “se presento mal esta liña, terei problemas”, reflexiona. “Entendo o que Shakespeare trata de dicir, mais como llo podo transmitir ao público?”. A súa preocupación revela unha das claves de Cesare deve morire,... Ler máis