Claire Simon: Liberdade e movemento

O que me interesa non é a perfección, senón máis ben a idea de estar á fronte, alí onde todo é incerto, onde se move o mundo Claire Simon A última edición de Play-Doc homenaxeou á cineasta francesa Claire Simon (Londres, 1955) cunha retrospectiva que logo recuperou o CGAI coruñés. A súa presenza en Tui serviu para compartir impresións e dúbidas co público arredor dunha traxectoria de corazón combativo e talante observador. Calquera combinación das súas obras... Ler máis

PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS

Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

RÉCRÉATIONS (1992), de Claire Simon

ISTO NON É UNHA PIPA O neno é o portador dunha ollada libre, indisciplinada, un xeito de mirar que aínda é capaz de sorprender aos ollos. O neno ensina ao adulto a mirar as cousas como por vez primeira, sen os hábitos da ollada constituída Jorge Larrosa Fai algunhas semanas, a un amigo ocorréuselle animar a súa festa coa proxección de varias películas domésticas da súa infancia. Aquelas filmacións en Super 8 eran todo o entrañables que se pode supor a esas... Ler máis