EQUIPA #41

A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza... Ler máis

NOVOS CINEMAS 03: LATEXOS

Continuamos a revisión dos títulos do último Novos Cinemas cos filmes pertencentes á sección Latexos. Cinco filmes inéditos en Galicia para un espazo que estreaba xurado e premio da crítica e na que destacaba a abundante representación femenina. Entre as seleccionadas, Young & Beautiful (Marina Lameiro, 2018), gañadora do premio do  público no Festival Punto de Vista; La muerte del maestro (José María Avilés, 2018) proxectada en Rotterdam e Sao Paulo; Letters... Ler máis

FICX 2014 (II/III): SECCIÓN OFICIAL E RELLUMES

Segunda parte da crónica, que vén de aquí; séguelle outra centrada en Convergencias, a nova sección da crítica. En liñas xerais na Sección oficial atopámonos películas con moi boa factura, que inclúen aspectos que as diferencian do cinema máis comercial, pero que non obstante, son algo convencionais no tratamento das tramas e a forma de contar. Aínda que tanto nesta sección como noutras, houbo excepcións. Men, Women and Children (Jason Reitman, 2014) (fóra... Ler máis

CROWDFUNDING: O CASO DE ‘9 ONDAS’

Crowdfunding, financiamento colectivo, accionariado popular, micromecenazgo… Calquera que sexa o nome, sempre nos referimos a unha formula que nos últimos anos -non só no cinema- funciona como alternativa ás actuais limitacións do sistema de financiamento público e/ou industrial. “Non hai escusas para non facer peliculas, de ningún tipo“, dicía Oliver Laxe hai algúns anos nunha entrevista á TVE. Con ese espíritu, decidín confiar na proposta de micromecenado... Ler máis