A NATUREZA EN LOVELESS

Tras xa case dous anos da súa estrea en festivais, Loveless (2017) do director ruso Andrey Zvyagintsev, é unha desas películas que saben calar no espectador e adentrarse na súa moral. A película fala con frialdade e dureza dunha relación sustentada sen amor, a punto de romperse e das consecuencias que iso trae aos tres membros que conforman esa familia. É unha crítica á condición humana do individualismo e á deshumanización colectiva dunha sociedade rusa que, segundo... Ler máis

PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson

A oitava obra de PTA, ​Phantom Thread ​(2018), é unha película estraña e espléndida. Magnificamente confusa, o seu título dio todo. Esta é unha historia tanto de fíos coma de fantasmas. Ao longo de quilómetros de seda e tafetá, revélase a relación neurótica coa creación dun prestixioso deseñador de moda no Londres da posguerra, Reynolds Woodcock (Daniel Day-Lewis), e o seu amor obsesivo coas mulleres importantes da súa vida: a súa defunta nai, a súa irmá,... Ler máis

RENÉ, de Helena Třeštíková

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Cinematográfica que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2017 As historias de perdedores adoitan gardar un agarimoso espazo nos espectadores. É doado simpatizar e empatizar con personaxes ás que a vida non deixa de afundir golpe tras golpe. Porén, a historia de René non encaixa no estereotipo de ‘born to lose’ habitual. Tras un primeiro paso pola cadea, René entra nun... Ler máis