RESEÑA DE ‘IMÁGENES RESISTENTES. TEMÁTICAS, NARRATIVAS Y ESTÉTICAS DEL OTRO CINE ESPAÑOL’

O Festival de Cinema Europeo de Sevilla é, posiblemente, o mellor lugar hoxe en día para estrear un filme independente dalgunha das cinematografías nacionais dentro do territorio español. Con Málaga e Donostia ollando cara un cinema de autor máis industrial, ou cando menos de orzamentos folgados, todos aqueles títulos que se sitúan na periferia do mercado contan na cidade andaluza cun excelente escaparate que achega prestixio ás súas propostas. Para afirmar con tanta... Ler máis

RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis

‘CUANDO LAS PELÍCULAS VOTAN’

Un ano atrás, cando Pablo Iglesias Turrión non era aínda o animal político que lidera arestora Pablemos, como lle chaman ao seu partido en Domingos en Chándal, adicaba parte do seu tempo a escribir e editar textos científico-académicos que, entroutros temas, ás veces mesmo falaban de cinema. Cuando las películas votan. Lecciones de ciencias sociales a través del cine dá conta precisamente desa actividade, anque o único artigo asinado por Iglesias -un breve comentario... Ler máis

‘POÉTICAS DEL GESTO EN EL CINE EUROPEO CONTEMPORÁNEO’

Hai tempo que unha parte importante do cinema máis avanzado mudou a palabra polo corpo como eixo do seu discurso, de xeito que moitos cineastas actuais non están tan interesados en filmar aos seus actores pronunciando os seus diálogos como en filmar a súa propia presenza física dentro do encadre: neste sentido, os actores son, ante todo, corpos en escena capaces de transmitir emocións e significados a través da súa xestualidade. O resultado deste novo paradigma é a aparición... Ler máis