O ODIOSO QT

 QT, coas súas siglas de DJ, sempre foi iso, un experto cociñeiro de potaxes, nos que mete referencias de todo tipo. Dende ese cruce de pistolas en Reservoir Dogs (1992) que recordaba ao City on Fire (1987) de Ringo Lam; pasando pola cita directa a The Graduate (Mike Nichols, 1967) no plano lateral de Pam Grier na cinta do aeroporto; ou mesmo con repeticións do mesmo calco, como a sensual boca de Uma Thurman ao chamar a Vincent Vega dende o interfono en Pulp Fiction (1994),... Ler máis

QT: MASH-UP MASTER

Como convida a facer Iván Villarmea no artigo que abre esta Panorámica, sería preciso reflexionar sobre a intencionalidade e relevancia dos chamados samplers visuais. Se decidín usar o termo mash-up para referirme a Quentin Tarantino, é porque penso que o nivel de referencias en cada plano no autor de Death Proof (2007) vai alén das imaxes, para entrar ademais na montaxe sonora como elemento de crítica cinematográfica. Unha vertente cada vez máis palpable, autoconsciente... Ler máis