WILL FERRELL E O MAINSTREAM ENTRÓPICO

A comedia mainstream do Século XXI é un terreo árido e repetitivo. Só algunhas figuras como as de Ben Stiller, Seth Rogen, Sacha Baron Cohen e Judd Apatow fan avanzar ao xénero, reflexionan sobre el mesmo ou propoñen unha nova mirada. Atopámonos nunha conxuntura onde a experimentación radical no xénero parece recaer unicamente sobre o medio televisivo e en autores como Louis CK, Ricky Gervais, Larry David, Donald Glover, Dan Harmon ou Sacha Baron Cohen (outra vez). Estes... Ler máis

LA FLOR, de Mariano Llinás

La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis