SEFF 2019 (II): HETERODOXIA DOCUMENTAL

Danses macabres, squelettes et autres fantaisies (Rita Azevedo Gomes, Jean-Louis Schefer) “É raro que nun museo haxa cousas pensadas para o ollo e non para ser didácticas”, afirma o pensador Jean-Louis Schefer nunha secuencia de Danses macabres, squelettes et autres fantaisies, mentres pousa a súa cultivada mirada nun cadro exposto ao público. A frase podería sintetizar o espírito deste peculiar e libre documental. Nel tómase como partida a exploración do motivo artístico... Ler máis

LONGA NOITE, de Eloy Enciso Cachafeiro

En Arraianos (2012), segundo longa de Eloy Enciso tralo documental Pic-nic (2008), o autor sorprendeu ao poñer en boca dos seus intérpretes non profesionais –habitantes da aldea fronteiriza de A Raia– o texto literal da obra de Jenaro Marinhas do Valle O bosque. Dita operación, en boa parte herdeira do traballo fílmico sobre bases literarias de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, non só apuntaba cara a reivindicación dos usos e modos propios daquel lugar concreto,... Ler máis

RITA AZEVEDO GOMES: “TODO É COMPOSICIÓN”

Rita Azevedo Gomes (Lisboa, 1952) é unha das máis grandes directoras da cinematografía portuguesa. As súas imaxes, sempre extraordinariamente compostas, mergúllanse na realidade a través do artificio, mostran o presente a partir do pasado e, desde a literatura e o teatro, exploran novos camiños para o cine contemporáneo. Recentemente Azevedo estreou A portuguesa, que gañou a Lady Harimaguada de Ouro, o máximo galardón do Festival de Las Palmas. Aproveitamos o acontecemento... Ler máis

A PORTUGUESA, de Rita Azevedo Gomes

Cando se espera moito tempo… «Esperara durante once anos ao seu esposo, durante once anos el fora amante da fama e da fantasía, agora percorría a casa e o patio e semellaba, raído pola enfermidade, moi ordinario en comparación aos mozos e os bos modais da corte. Ela non se detiña a pensar demasiado nisto, pero cansouse un pouco da vida nese país, que lle prometía o indicible.» A premisa de A portuguesa é sinxela, unha historia de espera; as palabras, de Musil. De... Ler máis

LAS PALMAS 2019: OUTRAS FORMAS DE NARRAR

A Portuguesa (Rita Azevedo Gomes, 2018) O Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, na súa decimo novena edición, fíxose valedor daquelas películas e cineastas que sen deixar de narrar buscan novas formas de facelo. Películas conscientes de que todo filme é representación -e poden reflexionar sobre iso- pero que non deixan de crer no poder e na importancia das imaxes. Máis ou menos, neste equilibrio entre o cinema narrativo e o experimental estiveron... Ler máis

LAS NUEVAS OLAS 2016: MALOS TEMPOS PARA A LIBERDADE

Pode que fose o efecto Trump, que nos caeu no medio do festival, condicionando a lectura dos filmes. Pode que fose iso, ou simplemente que os cineastas do presente opinan que o temos moi chungo. O caso é que a selección de Las Nuevas Olas do Festival de Cinema Europeo de Sevilla en 2016 deixounos moi mal corpo. Non porque as propostas elixidas pola equipa de José Luis Cienfuegos non fosen estimulantes –aí non perderon un ápice da súa procura de novos camiños para o cinema–... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES

Segunda parte dunha crónica que comeza aquí A pegada do pasado no presente do territorio, ou a forma na que o presente convive coa acumulación de pasados, sobre todo cando estes foron traumáticos, estaba na orixe de varios filmes presentados na competición internacional, como Ismyrne (Joana Hadjithomas & Khalil Joreige, 2016), Atlante 1783 (Maria Giovanna Cicciari, 2016), The Sea is History (Louis Henderson, 2016) ou Mata Atlântica (Nicolas Klotz & Elisabeth Perceval,... Ler máis

CINEMA PORTUGUÉS, O PODER DO IMAXINARIO

O cinema portugués volve estar de xira neste outono polo estado español, percorrendo festivais e filmotecas xa que non atopa acomodo nas salas comerciais: hai unhas semanas, un mesmo ciclo con diferentes programas comezou a súa andaina no Festival de Cinema Europeo de Sevilla para instalarse despois nas pantallas do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), do Instituto Valenciano do Audiovisual e da Cinematografía (IVAC) e da Filmoteca de Cantabria. Moitos dos seus títulos... Ler máis