PROCESOS #28: XISELA FRANCO

Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado 35.ESAV que, desafortunadamente, está actualmente nun impasse. Aproveitando a súa videoexposición... Ler máis

CHEMA PRADO: “O ÉXITO DA FILMOTECA FOI O RESULTADO DO TRABALLO DUN EQUIPO AO QUE EU TIVEN A SORTE DE PERTENCER“

Apenas trinta minutos antes da Carta Branca que o Festival Curtocircuíto lle encomendou a Chema Prado (Rábade, 1952) os amigos de NUMAX cédenme o espazo do laboratorio audiovisual para falar co que estivo ao fronte da Filmoteca Española casi 30 anos. Ao pouco de comezar, o ritmo acelerado das súas palabras, coma se non quixera deixar nada sen dicir, dan boa conta de que ante min non está unha das persoas máis reputadas do panorama audiovisual español senon unha verdadeira... Ler máis

DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL

A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis