MAPS TO THE STARS, de David Cronenberg

Estrelas a contraluz O inclasificábel John Waters declarou hai pouco que Maps to the Stars (David Cronenberg, 2014) se convertera no seu filme favorito do ano pasado: “amo este filme máis do que amo ao meu propio bigote”. Un pode pensar que se trata dunha obra innovadora, que o é, aínda que máis son as de Waters; escatolóxica, que tamén o é, aínda que máis son as de Waters; ou satírica, que tamén o é, aínda que máis son as de Waters. Daquela, que ten o último... Ler máis

COSMOPOLIS, de David Cronenberg

A LIMUSINA DE ERIC PACKER Dentro, a caverna do demiúrgo. Fóra, un páramo habitado pola multitude, por aqueles que non son Eric Packer ou que non traballan para el. A partir desta dicotomía infranqueábel, Cosmopolis organízase arredor das sucesivas visitas de diferentes personaxes á limusina / trono / fogar do demiúrgo: a aparición de cada novo empregado disposto a renderlle obediencia ao seu amo implica, coma no teatro, un cambio de escena, de tema e de rexistro, coma... Ler máis