DESENGUEDELLANDO O FELLINIANO

O CGAI dedicará durante as vindeiras semanas unha retrospectiva completa da obra de Federico Fellini, que comeza esta mesma tarde coa proxección de I vitelloni (1953). Así, con motivo de (e como complemento a) este ciclo, organizado en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca de Valencia e a Filmoteca de Navarra, analizamos neste artigo o monográfico que dedica a Colección Nosferatu ao legado xenio italiano. Este volume, impulsado pola propia institución cultural... Ler máis

RABBIT HOLE, de John Cameron Mitchell

Sorprende moito que un director como John Cameron Mitchell se decidira a rodar un filme tan ‘clásico’ como Rabbit Hole. Na mente de todos aínda resoan os ecos dos seus dous primeiros filmes, dúas obras tan inclasificables como Hedwig and the Angry Inch (20003) e Shortbus (2006). Dúas películas que puxeron a Mitchell na dianteira dun cine canalla, fresco e desinhibido con historias sobre artistas travestidos, relacións disfuncionais ou exploracións na vida sexual... Ler máis