POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL

Abriuse oficialmente esta sétima edición de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, coa presencia do cineasta francés Nicolas Philibert arroupando a presentación en España do seu último filme, Nénette. Durante a súa introdución, Philibert deixounos unha observación que nos vai a acompañar coma un mantra ao longo destas liñas (crónica desigual e subxectiva, irremediablemente incompleta, do visto, ouvido e sentido durante pouco máis ou... Ler máis

A MEMORIA DOS LUGARES. PATRICK KEILLER E O DOCUMENTÁRIO PSICOXEOGRÁFICO

A proxección da recente Robinson in Ruins no Festival Punto de Vista trouxo ás pantallas estatais unha pequena mostra dos documentários psicoxeográficos do británico Patrick Keiller: unha oportunidade para achegarse a un cinema capaz de retratar o tempo a través do espazo. 'Robinson in Ruins' sae á procura da identidade inglesa a través da paisaxe Hai lugares onde se pode percibir o paso do tempo só con mirar para eles, lugares onde a historia pode emerxer tanto... Ler máis