Camborda x Enciso (II)
(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha maneira, ocultaba certas cousas, facíalles traballar desde algo inasible, pero modelábamos moito... Ler máis
PO NO HORIZONTE
Pero… de onde saen todos eses coches? Esa é unha das preguntas máis frecuentes durante os debates posteriores a unha proxección de Hamada. E esa foi precisamente unha das primeiras cousas que me chamaron a atención durante a miña primeira visita aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf. Como chegaron todos eses vehículos ata unha das zonas máis remotas do deserto do Sáhara?* Era a primavera de 2014 e eu deixara o meu traballo en Estocolmo para marchar... Ler máis
LE LION EST MORT CE SOIR, de Nobuhiro Suwa
En 2016, Albert Serra abría o seu filme La mort de Louis XIV coa única secuencia que transcorría en exteriores. Nela, presentábasenos a un Jean-Pierre Léaud caracterizado coma o Rei Sol nos ultimos momentos de vida do monarca. Unha vez rematada esta secuencia, a cinta de Serra entraba nunha espiral claustrofóbica que representaba a morte cargando todo o peso na actuación dun soberbio Léaud. Resulta curioso que no 2017, Nobuhiro Suwa escolla arrancar Le lion est mort ce... Ler máis
UN DÍA NA RODAXE D’A ESTACIÓN VIOLENTA’
O cine é lento, moi lento. Sobre todo cando quere facerse de maneira audaz e á antiga usanza, na dun formato que se resiste a morrer, o celuloide. Os custos de produción obrigan a gastar a cantidade xusta de película. Na filmación dun plano devén case tan importante a planificación coma o que finalmente se captura no negativo. Sobre todo se este plano se trata dun longo travelling de dous minutos que ten lugar dende o inicio da rúa de San Bieto, a ruela que... Ler máis
BOYHOOD, de Richard Linklater
Entre o comercial e o autoral, o cineasta norteamericano Richard Linklater leva case tres décadas compartindo co espectador o seu concepto sobre a sétima arte. Se internacionalmente o seu recoñecemento chegaría en 1991 con Slacker (1991) –unha película experimental na que retrataba 24 horas na vida de varios personaxes da paisaxe urbanística de Austin–, para quen estas liñas escribe o seu primeiro encontro co director produciuse catro años máis tarde con Before Sunrise... Ler máis
EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN
O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis
Procesos #19 – Isaki Lacuesta
O pasado mes de outubro, tivo lugar a primeira edición de CoruñaFilm. O centro Ágora, da cidade herculina, reuniu a un grupo diverso de profesionais do audiovisual, ao redor dun conxunto de charlas e cursos de afán formativo, que pretenden tamén ser punto de encontro e intercambio de ideas para creadores. Entre os asistentes, estivo Isaki Lacuesta, para rodar unha curtametraxe en 36 horas, cun equipo técnico e artístico escollido dun casting previo á celebración do evento.... Ler máis
UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS
Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis