SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (3)

Rematamos a nosa cobertura da Sección Oficial do SEFF 2017 analizando outra das liñas temáticas presentes na súa selección. Neste caso, o conxunto de filmes que imos a tratar xiran arredor do concepto de procura, ben sexa física ou metafórica. Os protagonistas destas obras adoitan ser personaxes ‘incompletas’, que navegan á deriva en busca de algo –ou alguén- capaz de encher un baleiro que os atormenta. Esta busca pode traducirse nunha viaxe exterior ou adoptar... Ler máis

ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis