BUSÁN 2014 (II/II): LEE KWANG-KUK, DISCÍPULO DE HONG SANG-SOO

Primeira parte desta crónica aquí. __________ A marabillosa 경주 (Gyeongju, 2014) do director chino-coreano Lu Zhang leva o nome e está situada na cidade coreana de Gyeongju, un dos sitios que máis monumentos e tumbas ten en Corea. Facendo desta omnipresencia da Historia o escenario deste drama persoal, a cidade e estes personaxes atópanse nun punto intermedio entre o pasado e o presente, a vida e a morte, entre os vivos e os mortos: os visibles e os outros, cuxa presenza... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 4: TODOS TEMOS UNHA HISTORIA QUE CONTAR

Un neno de once anos acompaña ao seu pai a recadar o diñeiro das súas máquinas comecartos en Barcelona. Entre bares, dentro dunha desas míticas Renault Express, o pai coméntalle ao fillo o seguinte: “Se me tivese que mudar a un país moi afastado, virías comigo?”. Así sucede que a familia remata vivindo no outro lado do charco, onde o noso protagonista se enfronta a unha adolescencia chea de complicacións, ten o seu primeiro amor, e, xa adulto, regresa ao seu país... Ler máis