DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

SEFF 2013 (2/2): LAS NUEVAS OLAS, A RENOVACIÓN MINIMAL DE ESPAÑA E FRANCIA

Non imos entrar en se os xurados deste SEFF 2013 elixiron o mellor filme de cada sección. Do que si estamos certos é de que escolleron títulos moi representativos. Se L’inconnu du lac (Alain Guiraudie, 2013) era un exemplo perfecto desa narrativa atmosférica da que xa demos conta, os galardóns a La jungla interior (Juan Barrero, 2013) e Costa da Morte (Lois Patiño, 2013) como mellores ficción e documental respectivamente, da sección Las Nuevas Olas, volven dar na... Ler máis

“A CLAVE DO ÉXITO DE PÚBLICO É UNHA PROGRAMACIÓN RIGOROSA PERO NON DEMASIADO ACADÉMICA”

Nos últimos oito anos que leva en pé, Play-Doc conseguiu medrar, madurar, e sobre todo establecer un modelo de festival algo distinto ao dominante. Modelo baseado nunha escala modesta, na escaseza de contidos máis que nas programacións mastodónticas, e cun forte compoñente festivo, de celebración cinematográfica. Un modelo que atraeu a autores da talla de Pelechian, McElwee ou Rosenblatt, e que abre todas as primaveras unha pequena xanela para o documental na fronteira... Ler máis

PLAY-DOC 2012

CONSOLIDACIÓN DUNHA FORMA A pesares das súas indiscutíbeis virtudes, e da extraordinaria sensación que deixa o ambiente de celebración que se vive sempre en terras tudenses por estas datas, as anteriores edicións do Play-Doc sempre me acababan deixando unha certa insatisfacción. Algo que tiña que ver cunha programación que tendía a dar unha de cal e outra de area, e a quedar un chanzo por debaixo do que prometían os seus momentos máis inspirados. Por fin, este ano... Ler máis

PROCESOS 10 – ROSS MCELWEE

  O seguinte texto pertence á presentación de Photographic Memory no CGAI o 12 de abril de 2012. Acompáñase unha entrevista que se lle fixo a Ross McElwee na pasada edición de Play-Doc. Esta será substituída por un vídeo-crónica dos seus días no festival nas vindeiras semanas. Retrospectiva de Ross McElwee no CGAI do 12 ao 24 de abril, organizada por Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui. __________ Presentar Photographic Memory (2011), de... Ler máis