PLAY, de Ruben Östlund
A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de agora, tódolos traballos de Östlund foran acollidos tanto con duras críticas como con entusiastas... Ler máis
A AVALANCHA, O HOME E OS SEUS PROBLEMAS: Entrevista a RUBEN ÖSTLUND
«CON TOURIST ENCANTARÍAME ENCABUXAR DE NOVO Á XENTE» Ruben Östlund (Goteburgo, 1974) non se asemella, en absoluto, ao protagonista do seu próximo filme. Tourist, que nestes momentos busca coprodución na Berlinale (logo de facelo en Rótterdam), estrearase con toda probabilidade en 2014, converténdose na cuarta longametraxe do realizador nórdico, trala súa obra de madurez: Play. Lonxe da polémica que o envolve, Östlund é un tipo tranquilo que rompe coa etiqueta convencional... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 3: OS NENOS NON SOMOS PARVOS… OS IAKUZA SI
Trinta minutos, ese é o tempo que me leva percorrer a distancia dende o meu piso ata o Pathé, o multicine onde se proxectan as películas para a prensa e os delegados de industria polas mañás. É unha media hora que atesouro e que me serve de preparación antes dos visionados. Sigo un ritual fixo, coma se fose o supersticioso pateador dun equipo de fútbol americano, e que consiste nun café na estación central e un croissant. Logo un cigarro e estou listo para o que me... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 1: DO «NUNCA DIGAS NUNCA» A «SEMPRE HAI UNHA PRIMEIRA VOLTA»
Gustaríame comezar esta crónica falando da miña viaxe, de aeroportos, de malos voos e outros sacrificios persoais polos que o crítico de cinema normalmente ten que pasar para chegar a puntos de encontro onde gozar (ou renegar) de novas e tentadoras propostas audiovisuais, pero non podo. Teño o luxo de vivir aquí. Esta é en efecto esa cidade cosmopolita e moderna da que todo o mundo fala, onde se fusionan unha gran variedade de culturas, de estilos e tendencias. Un modus... Ler máis
CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis
