CANNES 2018 EP. 4: O PEOR JIA ZHANG-KE
Chegou outro dos nomes grandes da sección oficial. Non podemos máis que considerar Ash Is Purest White (Jia Zhang-Ke, 2018) como unha tremenda decepción. O chinés volve poñer a Tao Zhao como muller protagonista con carácter, nun papel que recorda ao de Un toque de violencia (2013). A súa parella na pantalla é Fan Liao, versado no cinema de xénero, con Black Coal, Thin Ice (Yinan Diao, 2014) coma o primeiro filme que vén á mente. Dado que a historia comeza co asasinato... Ler máis
CSAK A SZÉL – JUST THE WIND, de Benedek Fliegauf
Atribúeselle a Giacomo Leopardi a seguinte cita: “Non temas nin á prisión, nin á pobreza nin á morte. Teme ao medo”. Como se indica tralos créditos iniciais, Bence Fliegauf inspirouse libremente na vaga de crimes contra familias xitanas que tivo lugar en Hungría en 2008 e 2009. A primeira toma xa é unha premonición: o sol vespertino ocúltase tras uns pastos e dá paso á escuridade. O día comeza para a familia de xitanos protagonista. A muller dá de comer ao vello... Ler máis