MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS

Fotografía: María Meseguer Podes ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. Preludio En maio de 2016 atopábame en Londres, no BFI, para asistir a unha sesión especial de Malcolm Le Grice. Un acontecemento tan raro que me levou a pensar que podería ser a miña primeira e última oportunidade de ver a Le Grice en directo interpretando a súa icónica Horror Film 1 (1971). O programa nocturno tamén incluía Threshold (1972) e After Leonardo (1973), da cal podedes... Ler máis

O OASIS DA CRÍTICA DE CINEMA EXPERIMENTAL

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Mónica Delgado impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. “O golpe fresco de Wavelenght, de Michael Snow, estaba en ver a tantos novos actores -luz e espazo, paredes, ventás en aumento, e un número sorprendente de variacións de cor e sombra que viven e morren nos vidros das fiestras- volverse compoñentes estéticos principais da experiencia cinematográfica”1, dixo Manny Farber, en ArtForum en 1970,... Ler máis

ABERTA A INSCRICIÓN AO SEMINARIO DE CRÍTICA EXPERIMENTAL

O cinema experimental é a expresión máis libre da sétima arte, por iso, á hora de elaborar textos críticos sobre este cinema ás veces enfrontamos o bloqueo a páxina en branco. Cómpre liberar a nosa mirada de ideas preconcebidas e entregarnos a uns filmes que provocan, suscitan ou formulan ideas e imaxes imposibles de concebir se non é desde a liberdade de formato máis absoluta. O seminario ‘A Crítica Experimental’ contará con tres sesións impartidas... Ler máis

PROCESOS #25 – CGAI

Situado no corazón da cidade herculina, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) compatibiliza o traballo de exhibición do cinema actual máis destacable con ciclos de cinema clásico. A sala, lugar de culto para os cinéfilos galegos, é tamén o escenario de citas como a Mostra de Cinema Periférico (S8) e o sitio onde o público ten a ocasión de coñecer a directores coma Albert Serra, Carla Simón ou Pedro Costa. No pasado 2016, o CGAI cumpriu 25 anos nun momento marcado... Ler máis

8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO

Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis

(S8) MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO: NOVA LEXISLATURA

O (S8) Mostra de Cinema Periférico sempre se caracterizou por unha programación que, na liña das propostas de vangarda que proxecta, privilexia o concepto. Tamén se ten xa instaurado coma o festival de España que máis coida o celuloide nas proxeccións, sendo fiel á materialidade do cinema coa que xogan os cineastas convidados. O que se lle ten criticado precisamente dende algúns sectores é que estea tan ligado ao formato, deixando de lado o cinema experimental que usa... Ler máis

PROCESOS#20 – MIGUEL MARIÑO

“O CINE, NOS MUSEOS, É O IRMÁN PEQUENO” Miguel Mariño (A Coruña, 1977) é un explorador. Anda polo cinema á busca de novos camiños, vieiros polos que nunca camiñara, para ver ata onde é quen de chegar. Entrou no mundo do cinema como produtor, pero non tardou en desenvolver os seus propios proxectos. En 2008 gañou un “inmerecido” Mestre Mateo á mellor obra experimental por Nemo, unha serie de micropezas sobre o proceso creativo de dez pintores galegos. A partir... Ler máis

STEPHEN BROOMER: O FILLO ARTÍSTICO DE JACK CHAMBERS E MICHAEL SNOW

Stephen Broomer é un dos cineastas experimentais canadianos máis prolíficos do seu tempo. Cunha breve á par que extensa filmografía, logrou converterse en pouco máis dun lustro nunha referencia que segue a estela de grandes nomes como Michael Snow ou John Haslewood, aos que ten estudiado mediante a súa tese e en restauracións. Grande retratista abstracto e poético do seu Toronto natal, a súa metodoloxía próxima ao action painting valeulle un lugar de honra no ciclo... Ler máis

PROCESOS#24 – XIANA GÓMEZ-DÍAZ

Xiana Gómez-Díaz non é unha cineasta ao uso. Esta lucense, seguramente, non se sentirá de todo cómoda con ese termo para definir a súa obra audiovisual, palabra que usa con orgullo cando outros foxen dela como da peste. A interdisciplinalidade do seu traballo obrígaa a elo. Académica centrada en estudos de xénero e televisivos, comezou a súa andaina no mundo da imaxe coa serie sobre músicos Tallers sonors na televisión catalá, acadou notoriedade no cinema ao ser... Ler máis

CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”

Cunha dilatada carreira como fotógrafa, a pesares da súa xuventude, Carla Andrade vai facéndose un oco na listaxe de novos cineastas galegos. Incansable viaxeira, a viguesa prepara o que será o seu primeiro traballo cinematográfico en solitario que a levou de Nepal a Chile e do que puido verse un pequeno adianto o mes pasado no (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña. Inquietudes filosóficas, poéticas e estéticas fúndense na obra dunha artista que se atreve con... Ler máis