THE KILLING OF A SACRED DEER, de Yorgos Lanthimos

O cinema do director grego Yorgos Lanthimos é difícil de catalogar. As primeiras novas da súa obra –inquietante, inquisitiva, punzante e altamente codificada– chegáronnos con Κυνόδοντας (Canino, 2009), unha longametraxe que supuxo a primeira colaboración co seu coguionista Efthymis Filippou, e onde Lanthimos expuña as coordenadas dun cinema de estrañeza, violencia e incomodidade do que nos seguiu ofrecendo novos retrincos ao longo da última década. Con... Ler máis

MELANCHOLIA, de Lars von Trier

ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ‘boutades’, ruído de fondo anecdótico que non pode enmascarar unha realidade, que non é outra que estamos, probablemente,... Ler máis