INDIELISBOA 2020 (2/2): NOTAS DUN FESTIVAL RELAXADO

Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme que se proxecta ante ti, iso non ten prezo. A relación que se establece co cinema non é a mesma... Ler máis

LÚA VERMELLA, de Lois Patiño

“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna natural testemuña de numerosos naufraxios e traxedias ao longo da historia, no formal os seus intereses... Ler máis