FESTIVAL SCOPE: O FUTURO DA PROGRAMACIÓN?

Dentro da Panorámica deste número sobre as liñas que están a marcar a distribución e a exhibición de cinema en España, pensamos que era interesante preguntar a algúns programadores próximos que opinan dunha plataforma como Festival Scope. Esta ferramenta permite a profesionais do sector acceder a películas que están a circular por festivais, sen que necesariamente puidesen velas nas mostras fisicamente. Das declaracións solicitadas, despréndese que a páxina web... Ler máis

“A CLAVE DO ÉXITO DE PÚBLICO É UNHA PROGRAMACIÓN RIGOROSA PERO NON DEMASIADO ACADÉMICA”

Nos últimos oito anos que leva en pé, Play-Doc conseguiu medrar, madurar, e sobre todo establecer un modelo de festival algo distinto ao dominante. Modelo baseado nunha escala modesta, na escaseza de contidos máis que nas programacións mastodónticas, e cun forte compoñente festivo, de celebración cinematográfica. Un modelo que atraeu a autores da talla de Pelechian, McElwee ou Rosenblatt, e que abre todas as primaveras unha pequena xanela para o documental na fronteira... Ler máis