FOGUEO, de David Sainz

“As películas non son estúpidas. Énchennos de romance e furia e fantasías de vinganza. Lethal Weapon ensinounos que o suicidio é divertido. E antes de Lethal Weapon 2 nunca pensara que podería haber unha bomba no meu retrete e agora comproboo sempre!” Homer Simpson, (‘Beyond Blunderdome’, Episodio 227 de The Simpsons) Pode semellar que comezar cunha cita de Homer Simpson é algo sacado da manga que tan só ten sentido para min. Mais Fogueo (David Sainz, 2017) bebe... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

MAPS TO THE STARS, de David Cronenberg

Estrelas a contraluz O inclasificábel John Waters declarou hai pouco que Maps to the Stars (David Cronenberg, 2014) se convertera no seu filme favorito do ano pasado: “amo este filme máis do que amo ao meu propio bigote”. Un pode pensar que se trata dunha obra innovadora, que o é, aínda que máis son as de Waters; escatolóxica, que tamén o é, aínda que máis son as de Waters; ou satírica, que tamén o é, aínda que máis son as de Waters. Daquela, que ten o último... Ler máis

HABEMUS PAPAM, de Nanni Moretti

SAÍR DE ESCENA Todo empeza como un mero chiste. Logo da celebración dos funerais na Praza de San Pedro polo (un) papa defunto, os cardeais reúnense en conclave para elixir o sucesor. Ouvimos os seus pensamentos (“por favor, que non sexa eu, que non sexa eu”), antes de que, por fin, logo de longas votacións, o elixido sexa o cardeal Melville (Michel Piccoli), un tapado ao que a elección semella coller por sorpresa. Os demais membros da curia parecen respirar aliviados,... Ler máis