Bill Douglas: Filmar sobre a memoria

Entre 1972 e 1978 o cineasta escocés Bill Douglas asina unha triloxía sobre a infancia composta por tres filmes de importante carga autobiográfica que se moven nos lindes da imaxinación, a memoria e o realismo. My Chilhood (1972), My Ain Folk (1973) e My Way Home (1978) compoñen unha obra de extraordinario rigor formal que, a través de pequenas escenas do cotiá de Jamie, alter-ego do propio Douglas, nos achega á primeira etapa vital do cineasta, desenvolvida na máis... Ler máis

SATYAJIT RAY. O RAY GRANDE

Entre os grandes clásicos do cinema asiático, Satyajit Ray ocupa un lugar de honra xunto aos xaponeses Yasujiro Ozu, Kenji Mizoguchi, Mikio Naruse, Hiroshi Shimizu, Masaki Kobayashi e Akira Kurosawa. Do mesmo xeito que Ozu, Ray é un dos que Susan Sontag denominou “cineastas esenciais”, unha listaxe que completaban Carl Theodor Dreyer, Luís Buñuel, Sergei M. Eisenstein, Friedrich W. Murnau, Charles Chaplin, Ingmar Bergman, Stanley Kubrick, Max Ophüls, Roberto Rossellini... Ler máis