MARRIAGE STORY, de Noah Baumbach

Ola! Puxen Marriage Story de primeira na miña lista do mellor do ano e penso que me arrepinto. Esta crítica é, máis que unha crítica, unha reflexión para ver por que me pasa iso e descubrir a miña opinión final. Antes de nada, un meme. Marriage Story estivo un par de semanas nos cines, nunha desas estreas limitadas de Netflix. Nese período non vin memes nin moito comentario máis aló das críticas positivas da maioría da prensa e así. Ía predisposto a que me gustase... Ler máis

HER, de Spike Jonze

Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis