LA VIDA LLIURE, de Marc Recha

“Lémbrome del como se fose onte, a arrastrar os pasos até a porta da hospedaría, e do cofre que o seguía nunha carreta; alto, forte e pesado, era un home acastañado; o cabelo oleoso caíalle nos ombros do abrigo azul sucio; as mans encalecidas e cubertas de cicatrices, as unllas negras e rachadas, e a marca do golpe de sabre a través do rostro era dun branco sucio e lívido”. Así rememora Jim Hawkins o momento en que a súa vida se cruzou por vez primeira coa de Billy... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)

  É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis