DOCUMENTAMADRID 2019: CON UÑAS E DENTES

Antes de encarar a décimo sexta entrega de DocumentaMadrid, terceira baixo a dirección de Andrea Guzmán e David Varela, cabía intuír nela o signo inequívoco da consolidación. Reto importante, dado o satisfactorio xiro que o certame madrileño, consolidado na oferta cultural da capital, experimentou dous anos atrás cara a unha diversidade ben asumida, recuperando así o espírito dos seus combativos inicios a mediados da década pasada. Facíao coa renovada Cineteca como... Ler máis

SELFIE, de Víctor García León

As consecuencias do estourido da burbulla económica instauraron no cinema español recente unha tendencia a explorar, con frecuencia a través dos códigos da comedia, ese choque do benestar artificial do pasado inmediato e a precariedade do presente. Desde un producto industrial tan errado coma Tenemos que hablar (David Serrano, 2016) ata o caos terminal da incomprendida Murieron por encima de sus posibilidades (Isaki Lacuesta, 2014), o sentimento de desposesión inoculado... Ler máis