CANNES DÍA 6: OLIVER LAXE CONQUISTA A CROISETTE

Chegou unha das xornadas máis esperadas deste Cannes 2016, pois hoxe presentouse na Semana da Crítica Mimosas (Oliver Laxe, 2016), filme que suscitou o aplauso entusiasta do público e que está a ser ben recibido pola crítica. A segunda longa do director de Todos vós sodes capitáns (2009) pouco ten que ver con esta. Unha caravana no Atlas marroquí leva un home ao seu lugar de repouso. Con esta sinxela liña argumental, Laxe constrúe unha cinta contemplativa e con diálogos... Ler máis

Crónica 20 de novembro

Seis horas de autobús por carreteiras que semellan montañas rusas resultan demasiado para o meu estómago. Nin que Xixón fosen os Cárpatos. Eu, como bo cinéfilo, fun sempre máis de tren. Está a piques de comezar a sesión de Dark Horse, de Todd Solondz, no Teatro Jovellanos, e apuro os minutos para ver na pantalla dun bar como marcha o resultado das eleccións. Co 83% escrutado, o PP leva 187 escanos. Se Mariano quere, o ano que vén virei en AVE. Por que pagar voluntariamente... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis