ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro

 O nacemento dunha nación  Escribo isto porque un día por gmail chegou o encargo de apañar “unha crítica de Sempre Xonxa, pero é difícil sacar adiante unha crítica de Sempre Xonxa, trinta anos despois, sen sentir que nos dedos latexa un pulso de impertinencia; unha certa gravidade. Pero niso estamos. O que vén agora non é tanto unha crítica como unha sucesión bardalleira de reflexións breves e nebulosas que dan voltas alporizadamente ao redor dunha rotonda –sendo... Ler máis

DESDE SEMPRE XONXA E URXA ATÉ HOXE. HAI POLISEMIA NAS PAISAXES DO NOSO CINEMA?

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A diversidade da paisaxe fronte á intención reducionista A mirada a Galicia debe ser polisémica e plural. E debe estar, porque o está, ligada á paisaxe. Con todo, o problema vén no intento de definir o propio termo paisaxe desde un ángulo limitado. Nunha fase de produción e consumo de imaxes estereotipadas, onde o urbano e o rural conviven nunha reducida simplificación dos seus significados, a paisaxe parece restrinxirse a un rol icónico... Ler máis

EQUIPA (42)

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis

CINEGALICIA 2019

Imos facer trinta anos dentro de pouco. Hai xente que cre que é un aniversario algo traumático que celebrar: había aquel dito da contracultura dos anos sesenta que recomendaba non fiarse de ninguén de máis de trinta, pero daquela a xente de máis de trinta probablemente estaba xa pagando hipotecas e criando bebés. Nós somos máis ben o que La Voz de Galicia describiu nun dos seus delirios como “adolestreinta”, e se cadra estamos escorrendo un pouco o vulto dedicándonos... Ler máis