ON THE BEACH AT NIGHT ALONE, de Hong Sang-soo

Un dos textos máis fermosos que puiden ler este ano sobre a crítica de cinema é a transcripción do discurso que Roland Barthes adicoulle a Antonioni durante a homenaxe realizada ao cineasta na cidade de Bolonia. Nel, Barthes sinalaba as características que fan a un cineasta moderno e, en consecuencia, enumeraba tres virtudes que caracterizan a un verdadeiro artista: “a vixilancia, a sabedoría e a máis paradóxica de todas, a fraxilidade”. Aínda que o discurso ía dirixido... Ler máis

ESTIU 1993, de Carla Simón

Tense escrito tanto sobre as familias como ten mudado o concepto co paso do tempo. Cada familia, e sabémolo pola experiencia propia de cada un de nós, é un mundo e, ao fin e ao cabo, “en todas as casas cócense fabas”. Estiu 1993 (Carla Simón, 2017) é un fermoso traballo arredor da reconstrución da familia despois da morte dalguén. Reconstrución que ten o centro en Frida, unha nena orfa que terá que aprender a chamar aos seus tíos, pais. O filme de Carla Simón consegue... Ler máis

JUNTOS, de Nicolás Pereda

O cine do realizador mexicano Nicolás Pereda caracterízase por un gusto pola repetición que se estende ao longo de toda a súa obra, así como por unha tendencia a fuxir dos xéneros habituais do cinema de non-ficción. A simple vista, a súa obra non semella achegada á caste de documental que se exhibe no Festival Play-Doc de Tui. É mais, o propio director mesmo recoñeceu que el non diferencia entre a ficción e o documental, posto que en ocasións a verdade se agocha... Ler máis