TROTE, de Xacio Baño

Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis

CLERMONT-FERRAND (I/III): CONTOS DENDE A GALIA

O Marché du Film, o mercado de Clermont, onde boa parte das axencias nacionais de curtametraxes do mundo están representadas. “En Clermont-Ferrand non hai liña editorial”, dicíanos con orgullo Tim Redford, coordinador da competición internacional do festival galo, para Radio 3. A miña contestación a tremenda declaración foi unha sorte de “espera y verás”, convencido de que é imposible non contar con ela, mesmo cando non se busca. Pois ben, catro... Ler máis

XACIO BAÑO: “A VIDA É MOITO MÁIS”

Xacio Baño (Xove, 1983) chegou ao cinema “case por accidente”, segundo as súas propias palabras. Debutou en 2009 coa curta Quentefrío, “unha trasnada”, e deixou a súa pegada no audiovisual galego con tres proxectos máis, Relación de acordes (2009), Estereoscopía (2011) e, sobre todo, Anacos (2012), exhibido en máis de trinta festivais, o último o de Clermont-Ferrand, polo que pasou a finais de xaneiro. Beneficiario en varias ocasións das axudas ao talento... Ler máis