ESES MESTRES QUE NOS GUSTARÍA TER

PEDAGOXÍA DA IMAXE: STRAUB-HUILLET / BENNING / GODARD E para aprender, é necesario ir á escola. Non tanto á escola da vida coma ao cine como escola. Serge Daney Malia as súas heteroxeneidades e diferenzas, estes cineastas, a través de obras claramente afastadas dos códigos dominantes da representación, intentan transmitir unha pedagoxía da imaxe, mediante un cuestionamento directo do que é unha imaxe e por extensión a eterna pregunta baziniana de que é o cine. As... Ler máis

A HIPÓTESE DO CINEMA, de Alain Bergala

PEDAGOXÍA FÍLMICA · É un lugar común afirmar que a expresión audiovisual posúe máis ramificacións e posibilidades das que nunca tivera. Mais en plena voráxine deste amplo conglomerado, o cine, precedente e/ou compañeiro afamado e máis visible das restantes manifestacións, tenta conservar ou procurar a súa especificidade. Porén, a súa presenza nas etapas formativas académicas fica apenas esbozada, un feito que acontece tanto en ensaios e tratados didácticos como... Ler máis

RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO

Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito? Por que calquera relación do cinema e a política ponse baixo sospeita? Fíxose extensiva a... Ler máis

«A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA»

Alain Bergala, mítico redactor xefe de Cahiers du Cinéma, cineasta e autor de numerosos libros, entre os que destaca Nadie como Godard (ed. Paidós), estivo no CGAI para falar do director de Film Socialisme, e nomeadamente deste filme; amais de presentar a súa última película, Víctor Erice: Paris-Madrid, allers-retours. A cinta, que forma parte da serie Cineastas do noso tempo, parte da exposición Erice-Kiarostami, correspondencias, comisariada polo propio Bergala para... Ler máis