AYKA BY HERSELF

 Esta peza vai na liña dalgún dos anteriores vídeos que xa fixen, sobre películas coma Rosetta e Ida, nos que trato de contar de forma breve a historia das protagonistas de cada un deses filmes, intentado transmitir con isto a esencia da propia película e que coma espectador, sintas ganas de ver o filme completo. Esta vez, a película en cuestión é Ayka (2018), un filme casaco de Sergei Dvortsevoy. Narra a historia de Ayka (Samal Yeslyamova), unha muller inmigrante que... Ler máis

CANNES 2018 EP. 10: O QUIXOTE, PROCESIÓNS, FLAMENCO, FALLAS E OLÉ

Pecha mañá esta edición do festival de Cannes The Man Who Killed Don Quixote (Terry Gilliam, 2018), filme que os medios puidemos ver xa hoxe e que supuña todo un evento cinéfilo por ver completada a obra que lle levou 25 anos realizar ao seu director. Hai cousa dunha década xa o intentara nunha rodaxe fallida con Jean Rochefort encarnando o famoso fidalgo e tamén estivera vencellado ao proxecto John Hurt. Hai para os dous unha homenaxe nos créditos. Daquela era Johnny... Ler máis