NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN

Hermia&Helena (Matías Piñeiro, 2016) Ao longo da historia do cinema, William Shakespeare ten dado adaptacións tan dispares como as clásicas de Kenneth Branagh, os moitos Romeos e Xulietas ou os traballos recentes de Joss Whedon (Much Ado About Nothing, 2012) ou Justin Kurzel (Macbeth, 2015). Textos, diálogos, repetidos que nunca chegan a ser os mesmos; cada versión leva o selo do seu director, acertado ou non, tratando de traducir as palabras do ‘bardo inmortal’... Ler máis

SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO

Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis