TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

CINEMA E DOENZA MENTAL

O cinema abordou en moitas ocasións o tema da doenza mental. Pensemos, por exemplo, en Spellbound (Alfred Hitchcock, 1945) ou Marnie (Alfred Hitchcock, 1964), onde hai un doente e unha concepción da psicanálise un pouco inxenua: a lembranza do trauma propiciará a curación (concepto abandonado por Freud nos inicios da súa elaboración, ao observar que o saber non curaba) sempre que, claro está, concorra o amor. Podemos pensar así mesmo en Woody Allen, que fixo da súa... Ler máis

SHAME, de Steve McQueen

A ELIPSE COMO ESTILO DE VIDA O progreso, a grandes rasgos, encargouse de acurtar os procesos, de automatizar os tránsitos. A produtividade, o tanxible e o constatable forman un imperio de recompensas rápidas que desvirtúan o esforzo para ir facéndolle oco nos museos. Basta volver a The Turin Horse, ao cinema de Tarr, para entender a fisicidade do que digo e revisar os automatismos adquiridos non só a nivel condutual senón tamén a nivel cognitivo. Godard desvelou o truco... Ler máis

TOP 10 2011

A redacción d’A Cuarta Parede elixiu as mellores películas do ano cos votos de todos os colaboradores. Salvo que se indique o contrario, as listaxes conteñen dez filmes, aos que se lle atribuíu unha puntuación de 10 a 1, outorgando o valor máis alto á mellor valorada e así sucesivamente. Estes son os resultados: El árbol de la vida, de Terrence Malick: 53 puntos El Havre, de Aki Kaurismäki: 33 puntos EMPATE: Melancolía, de Lars Von Trier / Shame, de Steve McQueen:... Ler máis