CURTOCIRCUITO 2018: O MAPA E O TERRITORIO

Trees down here (Ben Rivers, 2018) Existen planos que definen o espírito da película á que pertencen. Outros que son capaces de facelo tamén coa sección do festival que os acolle. Nesta ocasión, o momento clave pertence a un fragmento de Trees Down Here (2018) de Ben Rivers, estudo dos cambios que supuxo para a vida do Churchill College pasar do illamento dos seus edificios brutalistas á integración entre o construído e a súa contorna natural, froito da recente reforma... Ler máis

FOCO BRUCE ELDER: CINEASTAS ILUMINADOS

Antes de comezar a clase maxistral que impartiría uns minutos despois, Bruce Elder cruza o corredor de Numax a unha velocidade inusitada. Francisco Algarín, responsable do ciclo itinerante que levou ao director a varias cidades do Estado, xa o avisara: Elder é un cineastas dunha enerxía inesgotable ao que lle costou seguir durante os días de rodaxe que pasaron xuntos en Andalucía. Unha enerxía que tamén lle levou a percorrer múltiples disciplinas artísticas, sexa o cinema... Ler máis