8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO

Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2016: CRÓNICA EXPRESS DUNHA VISITA BREVE

No panorama de festivais de cinema a nivel estatal, o Festival Internacional de Cine de Xixón tivo, e ten, o seu lugar reservado. Aínda que desaparecido das rúas pola inexistente cantidade de carteis/posters/folletos que anunciaban tal evento, a cidade semellaba respirar cinema cando un se achegaba a algunha das sedes onde tiñan lugar as proxeccións. Un servidor, escapando brevemente de Cineuropa, colleu carretera e meteuse os quilómetros que unen Compostela coa cidade... Ler máis