WILL FERRELL E O MAINSTREAM ENTRÓPICO

A comedia mainstream do Século XXI é un terreo árido e repetitivo. Só algunhas figuras como as de Ben Stiller, Seth Rogen, Sacha Baron Cohen e Judd Apatow fan avanzar ao xénero, reflexionan sobre el mesmo ou propoñen unha nova mirada. Atopámonos nunha conxuntura onde a experimentación radical no xénero parece recaer unicamente sobre o medio televisivo e en autores como Louis CK, Ricky Gervais, Larry David, Donald Glover, Dan Harmon ou Sacha Baron Cohen (outra vez). Estes... Ler máis

¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

EQUIPA #41

A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza... Ler máis

SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis

SPAGHETTIS À LA BOLOGNAISE

A interacción dos personaxes coa comida ocupa un rol bastante visible e importante durante o desenvolvemento da película La Vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Este videoensaio tenta seguir este fío condutor, marcado sobre todo polos espaguetis e as ostras, para explorar o mundo interior da protagonista Adèle. Os espaguetis boloñesa era a comida que a nai de Adèle mellor dominaba e reunía a familia á hora da cea. Con todo, durante este momento de reunión... Ler máis

VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”

Víctor Moreno (Tenerife, 1981) é máis coñecido por ser o responsable de Edificio España (2012) documental que o banco Santander intentou censurar. O seu cinema explora espacios urbanos  coa capacidade analítica dun bo observador. A súa ollada desestrutura os espazos e ás persoas, conseguindo filmar imaxes que permanecen ocultas para o ollo no día a día. Víctor presentou, dentro da Sección Oficial do Festival de Sevilla, o seu novo filme La ciudad oculta (2018), unha... Ler máis

JOURNEY E O DIÁLOGO ENTRE OS VIDEOXOGOS E O CINEMA

A xente viaxa e asómbrase ante a altura das montañas, ante as enormes ondas do mar, ante os longos cursos dos ríos, ante os vastos límites do océano, ante o movemento circular das estrelas, e pasan por diante de si mesmos sen sorprenderse. San Agustín de Hipona ‘The Stanley Parable’, un dos xogos máis representativos da nova narración emerxente. A débeda dunha xeración Ás veces unha xeración ten unha débeda co seu século pola cal asiste, cunha estraña... Ler máis