(S8) Mostra de Cinema Periférico 2021

A mostra que conquista o corazón dos seguidores do cinema máis experimental volveu á cidade da Coruña fai uns días. Do 28 de maio ao 6 de xuño, o (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou a súa XII edición, apostando de novo polo formato dual, combinando presencialidade con contido online. Un acerto de xestión en tempos de pandemia, mais tamén no actual mundo transmedia. Dentro da ampla programación do festival, recollemos unha selección co mellor deste ano: Val... Ler máis

LARA E NOA CASTRO: “UN DEBE APRENDER A APROPIARSE DO ERRO E DO AZAR E EXPLORAR QUE SE PODE OBTER DISO”

Lara e Noa Castro (Ferrol, 1999), estudantes de segundo curso de Belas Artes en Pontevedra, sorprenderon a moitos en 2017 coa súa peza O ollo cobizoso, realizada no marco na Chanfaina Lab. O filme formou parte da programación do (S8) Mostra de Cinema Periférico do ano pasado, dentro da sección Sinais, da que dimos conta aquí. A súa nova curta, Pezas imposibles (2018), de novo creada na Chanfaina, e de novo no Sinais deste ano, vai máis lonxe en complexidade e constata a... Ler máis

Procesos #24 – Xiana Gómez-Díaz

 Xiana Gómez-Díaz non é unha cineasta ao uso. Esta lucense, seguramente, non se sentirá de todo cómoda con ese termo para definir a súa obra audiovisual, palabra que usa con orgullo cando outros foxen dela como da peste. A interdisciplinalidade do seu traballo obrígaa a elo. Académica centrada en estudos de xénero e televisivos, comezou a súa andaina no mundo da imaxe coa serie sobre músicos Tallers sonors na televisión catalá, acadou notoriedade no cinema ao ser... Ler máis