KLOTZ E PERCEVAL: “TOURNEUR SEMPRE NOS INFLUÍU”
Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval son dous vellos coñecidos deste xornalista, que puido entrevistalos por primeira vez en 2009 para Xornal de Galicia polo seu paso pola Coruña para unha retrospectiva no CGAI, pero tamén desta revista. En 2012 protagonizaron moi amablemente un dos primeiros vídeos dedicados a cineastas na sección Procesos, co motivo da presentación no festival de Xixón de Low Life (2011), película que recollía moi ben todo o descontento dunha xeración... Ler máis
FID MARSEILLE 2014: MIS EN SCÈNE
Este artigo é a continuación doutra crónica que publicamos hai uns días, separada debido á súa extensión, e que podes consultar aquí. OBSERVAR: O TRAZO DA CÁMARA As institucións psiquiátricas son un obxecto de estudo común na historia do cinema. Aí temos as totémicas Titicut Follies (Frederick Wiseman, 1967) ou San Clemente (Raymond Depardon & Sophie Ristelhueber, 1982) que, aínda a día de hoxe, semellan marcar dende discursos distintos mais complementarios,... Ler máis
UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS
Domingo, 6 de outubro de 2013. 10:21 horas. Xa pasei Pontevedra. En escasos quilómetros chego a Paredes. Vexo a sinalización cara o porto e dígome a min mesmo que vou ben, que non vou ter que molestar a Daniel Froiz para que veña recollerme á nacional. El é produtor de Las altas presiones, a última longa do cineasta galego Ángel Santos, que comezou a rodar o día anterior en Pontevedra, e seguirá nos arredores e na raia con Portugal en 16 xornadas máis. Unha produción... Ler máis