NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL
Recolle Jonás Trueba unha frase de Mekas na que o director lituano recordaba que “o mal e a fealdade cóidanse sós; son o ben e a beleza os que precisan dos nosos coidados”. Sen dúbida esa debe ser a función dos festivais e a crítica de verdadeiro valor, protexer e servir de altofalante daquelas xemas que se escapan cada ano do noso limitado radar individual. Unha necesidade crucial en tempos de consumo rápido e múltiples propostas, que pon de manifesto o valor dos... Ler máis
SOMEWHERE, de Sofia Coppola
SOFÍA COPPOLA E O ‘ART FILM’ ESTADOUNIDENSE En outubro de 2007, quen subscribe estas liñas foi obsequiado cun dos maiores regalos que calquera amante do cine podería recibir. Asistín a un encontro co reputado Francis Ford Coppola no marco do Festival de Roma, no que estaba a presentar Youth Without Youth (2007). E non soamente iso, senón que tamén tiven o privilexio aínda maior de poder formularlle unha pregunta na fugaz quenda de intervención do público.... Ler máis